quarta-feira, 26 de agosto de 2015

A rúa Calvo Sotelo en Tui albergará actividades deportivas gratuítas este domingo 30 de agosto

Co motivo do peche da Rúa Calvo Sotelo, este domingo 30 de agosto, o Concello de Tui ten previsto organizar diversas actividades deportivas gratuítas en colaboración cos clubs locais.
Dúas pistas de minitenis, unha canastra de baloncesto, unha cinta de equilibrios, mesas con taboleiros de xadrez, dous inchables, así como diversos espazos para xogos tradicionais, encherán a Rúa Calvo Sotelo e o Paseo da Corredoira, para que todas aquelas persoas que así o desexen poidan gozar dunha xornada deportiva.
O Concello de Tui pretende trasladar ós veciños e veciñas a idea de que sen coches na rúa, se poden facer actividades de lecer e de convivencia moi interesantes para a cidade. 

Sem comentários:

Enviar um comentário