quinta-feira, 13 de agosto de 2015

A vixésimo sexta edición do curso de Verán “Tamara Brooks”, de Dirección, Canto e Corda chega mañá a Tui

Dende mañá e até o vindeiro 23 de agosto, chega a Tui a vixésimo sexta edición do curso de Verán “Tamara Brooks”, dedicado á Dirección, Canto e Orquestra de Corda, dirixido por Julio Domínguez coa súa Asociación Camerata. 
Esta actividade formativa está dirixida a directores ou futuros directores, cantores, estudantes de canto, instrumentistas de corda, e todas aquelas persoas interesadas en iniciarse ou mergullarse no campo da interpretación musical.
Este curso está estruturado en diferentes áreas e niveis con actividades compatibles entre si, de forma que cada alumno pode optar polos contidos que máis se adecúan as súas necesidades e grao de experiencia. Os profesores realizarán un seguimento personalizado, organizando e distribuíndo o traballo diariamente, propondo obxectivos concretos de acordo coa capacidade, experiencia e progreso alcanzado.
Entre as actividades propostas atópase un curso de dirección, Coro e Orquestra de prácticas; clases individuais de canto/técnica vocal e instrumento (violín, viola, cello); grupos de cámara (instrumental e vocal) e concertos de alumnos e profesores. O profesorado do “Tamara Brooks” está formado por Brady Allred, Kevin Smith, Mykolas Pocius, Luis Caballero, Juan Abalde, Irene Gómez-Calado, Paula Cobián e Julio Domínguez. 
Dentro da semana formativa, hai actividades de balde e outras de pago. Ós asistentes ás actividades formativas outorgaráselles certificados de asistencia como xustificante de actividades de formación, ou ben créditos de libre disposición en conservatorios superiores e Universidade. Aqueles interesados en obter máis información, poden consultar a páxina web de Camerata  http://www.camerata.es/site/es/course/frontpage . 

Sem comentários:

Enviar um comentário