quarta-feira, 26 de agosto de 2015

Abertas as inscricións para a V Travesía a Nado Eurocidade Tui-Valença

A proba celebrarase o domingo 6 de setembro a partir das 10.30h
O calendario deportivo da Eurocidade para o ano 2015 inclúe, dentro dos 19 eventos deportivos programados para este ano, a V Travesía a Nado Eurocidade, que se celebrará o domingo 6 de setembro, a partir das 12 horas españolas, organizado pola Eurocidade Tui-Valença, en colaboración co Club de Actividades Acuáticas Baixo Miño.
Ó igual que nas edicións anteriores, o lugar de concentración será o Centro Interfederado de Tui, a partir das 10.30 horas españolas, dende onde se levarán ós participantes ata o lugar de saída da proba, o Cais de Valença. A distancia a percorrer será de 900 metros, e dado que este evento ten carácter popular, estará permitido o uso de neopreno e aletas.
A “V Travesía a Nado Eurocidade” volverá a ser solidaria, polo que os participantes doarán un quilo de alimentos non perecedoiros na súa inscrición á asociación SOS Baixo Miño.
As inscricións poderán facerse ata o 3 de setembro, enviando a solicitude ao enderezo electrónico deportes@concellotui.org ou piscinavalenca@gmail.com.
Por outra banda, a Eurocidade Tui-Valença, en colaboración co Tyde F.C. e co S.C. Valenciano, organizan o “II Trofeo Eurocidade Cup”, que enfrontará ós dous equipos de fútbol, este sábado día 29, ás 18.00 horas, nas instalacións deportivas municipais “Álvarez Durán” de Tui.

Sem comentários:

Enviar um comentário