quarta-feira, 3 de agosto de 2016

Comeza o pintado da sinalización horizontal no casco urbano

Comezaron os traballos de pintado da sinalización horizontal no casco urbano de Tui. En concreto mañá actuarase na Avenida da Concordia polo que se solicita a colaboración cidadá respectando as prohibicións de non aparcar. Estes traballos continuarán nos próximos días en todas as rúas do casco urbano cun investimento que chega aos 100 mil euros, e para os que o Concello conta cos preceptivos permisos. Este trámite administrativo foi precisamente o que demorou a execución do pintado.
O pintado da sinalización comezou xa en Guillarei, na rotonda entre a N-550 e Po-404 logo dos traballos de arranxo do firme executados. Hoxe mesmo estase a realizar estes labores na estr7ada entre Guillarei e a Avenida da Concordia ao seu paso pola parroquia de Rebordáns.
Por outra parte dende mañá estará pechada ao tráfico a rúa Bispo Salvado dende o cruzamento coa rúa Martínez Padín e ata a ponte sobre o río Tripes, debido a traballos de arranxos do firme.  

Sem comentários:

Enviar um comentário