terça-feira, 4 de outubro de 2016

O mércores 5 comezan as Escolas Deportivas da Deputación en Tui

A Deputación de Pontevedra organiza un ano máis o programa gratuito Deporte Escolas, no que o Concello de Tui contará cas modalidades deportivas de patinaxe, fútbol, balonmán e piragüismo, nas que participarán nenos e nenas de idades entre os 5 e os 15 anos.
As actividades organizadas pola Deputación de Pontevedra, en coordinación co Concello de Tui e os clubes tudenses, CPA Ribex, CD Ribadelouro, Club Balonmán Tui, Club Kayak Tudense e Club Piragüismo Penedo, comezarán a partir do mércores 5 de outubro, realizando os adestramentos nas instalacións deportivas municipais tudenses ata o mes de maio.
A modalidade de patinaxe, impartido polo CPA Ribex, volverá realizarse no pavillón deportivo do CEIP de Rebordans, os luns de 16.30 a 21.30 e os mércores de 18.00 a 21.00 horas , estando os listados de inscritos por grupos no taboleiro do Concello de Tui e na páxina web municipal www.concellotui.org. Para esta actividade non se dispoñe de prazas dispoñibles polo momento. A actividade comezará o mércores 5 de outubro.
Respecto ao resto de actividades, que tamén comezarán a partir da próxima semana, as inscricións aínda están abertas, realizandose a través dos propios clubes deportivos. Así a actividade de balonmán se realizará os xoves de 16.00 a 17.00 horas, no novo pavillón deportivo municipal, e o fútbol, no campo de fútbol de Ribadelouro, os mércores e venres a partir das 18.00 horas. E o piragüismo, que acolle nenos e nenas a partir dos 8 anos, estará coordinado polo Club Kayak Tudense e Club Piragüismo Penedo.

Sem comentários:

Enviar um comentário