segunda-feira, 17 de outubro de 2016

O Servizo de Apoio Municipal a Menores e Mulleres atende ao público os martes de 16 a 20h

Presta atención a mulleres ante casos de: violencia de xénero, violencia no fogar, inadaptación de menores fronte a casos de separación e fracaso escolar a causa de conflitos na familia.
Dende a pasada semana o Concello de Tui ten de novo en funcionamento o Servizo de Apoio Municipal a Menores e Mulleres (S.A.M.MM). En concreto este servizo atende ao público os martes de 16:00  a 20:00 horas  prestando atención a mulleres ante casos de: violencia de xénero, violencia no fogar, inadaptación de menores fronte a casos de separación e fracaso escolar a causa de conflitos na familia.
Os interesados poden solicitar cita na casa do concello ou no teléfono 986 60 36 25 preguntando por Olga Hermida ou Paula Guerreiro nos Servizos Sociais.
O S.A.M.M.M, é un servizo gratuíto que pretende dar resposta ás necesidades concretas das mulleres e dos menores residentes no Concello de Tui. 

Sem comentários:

Enviar um comentário