sábado, 22 de outubro de 2016

Remataron as obras de asfaltado do camiño entre O Remesal e Casasnovas financiadas polo plan Marco

Esta semana remataron as obras de asfaltado do camiño que une O Remesal e Casasnovas na parroquia de Randufe financiadas con cargo Plan Marco: Mellora de camiños municipais de acceso a explotacións agrarias-2016, cofinanciado co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), ao abeiro do PDR de Galicia 2014-2020.
Tratouse dunha actuación ao longo de 1,5 quilómetros nun vial de 4 metros de ancho e coa cuneta en terra que ao ser asfaltada mellora as comunicación entre as parroquias de Randufe e Pazos de Reis, así coma a un depósito de auga existente na zona. O investimento realizado ascendeu a 46.019,75€.

Sem comentários:

Enviar um comentário