sexta-feira, 14 de outubro de 2016

Restricións no Estacionament en Tui

Lémbrase que durante a xornada de hoxe haberá restricións no estacionamento en diferentes rúas da cidade por actuacións de pintado no firme. Dende as 14:00 horas non se poderá estacionar na rúa Rosa Bahamonde nin na rúa Foxo. Tampouco se pode estacionar dende as 8:00 horas de hoxe nun tramo de Augusto González Besada.
O Concello lembra que existe sinalización nas tres rúas que anuncian o pintado das mesmas e pide a colaboracións dos veciños e veciñas no respecto da sinalización para poder acometer as actuacións.

Sem comentários:

Enviar um comentário