sábado, 22 de outubro de 2016

Treme en Tui

Recentemente galardoadas co premio MusicaXove 15 á mellor banda galega Su Garrido e Margarida Mariño se unen neste proxecto, minimalista e íntimo con influencias que abarcan dende a bossa nova ou música tradicional galega ata o experimental e a electrónica, con un repertorio de temas propios. 
Su Garrido Pombo é unha músico e compositora de Vigo. O seu estilo abarca diferentes xéneros incluíndo Jazz, Latin, Bossa ou Folk. Estudióu guitarra e miás tarde Historia e ciencias da música e Historia del Arte na Universidade de Salamanca, Granada e Florencia. A súa música levaa a diferentes países de Europa e América, primero como membro do grupo Folk Lembranzas Galegas e máis tarde como vocalista do grupo Sonhos co que graba o seu primeiro disco Sonhos. As súas composicións obtiveron premios como o 2o posto no concurso Internacional de música MAPFRE Viveparacumplirlo co seu tema Linda ou o 3er posto no concurso GZcrea con as cancións Maria e Eu non sei. Actualmente continua a sua carrera en solitario ofreciendo xiras en Galicia y Dublín aá vez que forma de distintos bandas como Malandra co guitarrista Miguel Fraile e do grupo Sindicato da noite. Xunto a cellista Margarida Mariño únese neste novo proxecto co que están inmersas na grabación do seu segundo disco.
Natural de Vigo, Margarida Mariño comeza a tocar o violoncello ós oito años. Ao rematar os estudos no conservatorio profesional da mesma cidade trasládase a Barcelona para seguir formándose no Conservatorio Superior Liceu. Durante estes anos compaxina o ámbito da música clásica con outros estilos, viaxando por distintos países europeos e alimentando as súas inquietudes polo Jazz, Músicas do Mundo ou Improvisación Libre. Foi invitada a tocar en festivais coma o Voll Damm Jazz Festival, Pop Arb, Curtcircuit ou Vallsonora. Tamén colaborou en grabacións de estudio coa Free Spirits Big Band, Crisis; Memoria Uno, ou nun disco Homeaxe a Steve Wonder coa Big Band do Conservatori del Liceu. Compuxo e interpretou as bandas sonoras para as curtometraxes 'Puzzle' e 'Blanco, dos pasos y nada'. Actualmente é membro da orquesta Sinfónica Vigo 430 e continúa a formarse no Seminario Permanente de Jazz de Pontevedra.
socios/as beta 3€
betuneiros/as de balde

Sem comentários:

Enviar um comentário