quarta-feira, 30 de novembro de 2016

Antón Ferreira en poesía e Darío Rodríguez en fotografía gañadores do Concurso Relación Home/Muller 100% Positiva

Antón Ferreira Lorenzo, da Guarda, coa poesía “A carón da mesma árbore” e Darío Rodríguez dos Santos, de Mos, coa fotografía “Troula Enxebre” son os gañadores do Concurso Fotográfico/Literario Relación Home/Muller 100% positiva convocado polo Concello de Tui co gallo do Día Internacional contra a violencia de xénero. O obxectivo do certame é resaltar de forma positiva a relación de parella, amizade, convivencia no traballo entre homes e mulleres en todos os ámbitos da vida. Cada un dos gañadores recibirá un premio de 200€
Amais na categoría infantil os galardóns son para Sara Alonso Guerreiro de 11 anos de Tui polo seu poema “Ideas escuras”, e para Sergio Lorenzo Ares, de 16 anos de Tomiño, pola fotografía “A forza unión”. Neste caso o premio é un agasallo valorado en 150€.
De forma paralela Tui forma parte dende este luns da iniciativa “En negro, contra a violencia de xénero”, sumándose así a campaña desenvolvida por dezasete concellos galegos. Neste caso o negro simboliza o loito polas vítimas da violencia de xénero, e por outra é un sinal de valentía contra a violencia machista. Ata o luns 28 máis de corenta centros educativos, clubs, establecementos comercias... sumáronse en Tui a esta campaña lucindo os carteis da mesma con lemas coma “Sí ,é sí... e non é non”, “Sempre libre e viva”, “Eu non son o teu dono”, “Respecta as miñas decisións”, ou “Máis xogos menos berros”.

Sem comentários:

Enviar um comentário