segunda-feira, 5 de dezembro de 2016

O TSXG confirma a sentenza do Xulgado Contencioso a favor do Concello e da Comunidade de Montes de Rebordáns na legalización da ampliación do cemiterio de Rebordáns.

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, TSXG, confirma a sentenza do Xulgado Contencioso Administrativo de Pontevedra sobre a ampliación do cemiterio de Rebordáns.
Na sentenza do pasado mes de xuño o Xulgado do Contencioso Administrativo nº2 de Pontevedra  inadmitira o recurso presentado pola Asociación de Veciños e Manuel Goberna Caride contra  o acordo da Xunta Local de Goberno do Concello de Tui de xuño 2015 no que se concedía o título habilitante para a legación da ampliación do cemiterio da parroquia de Rebordáns. Contra esa sentenza Manuel Goberna Caride e a Asociación de Veciños presentaron un recurso de apelación que vén de ser desestimado polo TSXG, ao tempo que lles impón as costas do xuízo causadas, ata un máximo de 500 euros, por honorarios de letrado de cada unha das partes apeladas, neste caso o Concello de Tui e a Comunidade Veciñal de Montes en Man Común de Rebordáns.
O Xulgado do Contencioso Administrativo nº2 de Pontevedra  xa condenara tamén na sentenza ao pago das costas de primeira instancia ata un máximo de 600 euros, a cargo da Asociación de Veciños e do particular.
Os feitos remóntanse á xullo de 2011 cando José Manuel Sousa Sousa presentou escrito para legalizar a ampliación do cemiterio de Rebordáns, alegando a Asociación de Veciños que non era presidente da mesma nin tiña documento acreditativo para exercer esta representación. A xuiza estima que aínda que dende o Concello non se requiriu documentación acreditativa da representación este defecto non é invalidante do proceso seguido no Concello. Posteriormente a Comunidade de Montes asume a promoción deste expediente, sendo  a propietaria dos terreos onde se levou a cabo a ampliación do camposanto
Na sentenza sinálase que a legalización da ampliación do cemiterio conta con todos os informes técnicos preceptivos tanto da administración local, coma da autonómica.  A xuíza estima que na demanda “non existe unha defensa do interese urbanístico, senón que existe unha disputa dentro da Asociación de Veciños” e apunta que a tramitación do expediente administrativo foi “impecable”.

Sem comentários:

Enviar um comentário