quinta-feira, 9 de fevereiro de 2017

Winter Project en Tui

Winter Project nace no verán de 2011 en Vigo, cando se unen varios músicos que comezan a dar concertos en distintos locais da cidade. Despois de varios cambios de formación e de estilo, o grupo está composto actualmente por Luis Saldaña (guitarras, teclado e coros), Jorge Guerra (batería), Braulio Vidal (baixo e coros) e Jorge Lorenzo (guitarra, teclado e voz).
O seu estilo, aínda que dificil de definir, podería dicirse que é unha mestura de jazz, blues, psicodelia e rock&roll.
En Decembro de 2015 editaron o seu primeiro LP “Winter Time” que presentaron durante este último ano por salas de toda Galicia. Esta primavera presentarán o seu segundo traballo discográfico, un EP con tres temas de corte psicódelico.
Neste concerto presentarán os temas do seu primeiro disco, e adiantarán algún dos ndvos temas que conformarán os seus próximos traballos discográficos. Son contundente, variedade de estilos e moito rock 'n roll.

Sem comentários:

Enviar um comentário