quarta-feira, 8 de março de 2017

“Pola igualdade real” lema da campaña para conmemorar o 8M en Tui

Realizarase entre o 8 e o 15 de marzo de xeito conxunto entre o Concello e a Radio Municipal
Dende mañá 8 de marzo e ata o mércores 15 de marzo o Concello de Tui e a Radio Municipal de Tui levarán a cabo a campaña “Pola igualdade real” para conmemorar o Día Internacional da Muller.
Pese aos grandes avances logrados nas últimas décadas que conlevaron que a lexislación recolla a igualdade da muller na vida diaria seguen existindo grandes diferencias en representación feminina, igualdade de salarios, reparto de tarefas, conciliación... É por iso que con está campaña se quere visibilizar o papel da muller na sociedade facendo fincapé no traballo que aínda queda por realizar para acadar a igualdade real no día a día.  
A campaña levarase a cabo a través de dous soportes por unha banda as redes sociais municipais e por outra a programación da emisora municipal.  
De xeito conxunto nas redes sociais do Concello de Tui (Facebook e Twitter) e da Radio Municipal de Tui (Facebook, Twitter e Google +) publicaranse durante os oito días da campaña datos sobre a presenza da muller na sociedade, as desigualdade que aínda existen, ...
Mentres na Radio Municipal de Tui unha muller será a protagonista diaria dunha entrevista polo traballo que desenvolven nun posto tradicionalmente ocupado por homes. A emisión de cuñas publicitarias co lema e contidos da campaña. 

Sem comentários:

Enviar um comentário