quinta-feira, 13 de abril de 2017

O grupo Mago de Oz abre musicalmente as festas de San Telmo 2017

Actuará este sábado, 15 de abril, ás 22h na rúa Compostela con entrada de balde
O grupo Mago de Oz abre musicalmente este sábado, 15 de abril, ás festas de San Telmo nun concerto, con entrada de balde, que terá lugar ás 22h na rúa Compostela.
Mägo de Oz, banda de folk metal, creada en 1988 conta cunha longa traxectoria musical sempre liderada por Txus di Fellatio. A banda, con estilo propio  e orixinal,  realiza un gran directo con doses de rock, heavy metal e celta. Este sábado en Tui interpretarán temas da súa ampla discografía dende “Mägo de Oz” publicado en 1994 até “Finisterra Ópera Rock” de 2015. Na actualidade o grupo está formado por Txus di Fellatio, Carlso Prieto ´Mohamed”, Juan Carlos Marín ´Carlitos´, Frank, Patria Tapia, José Manuel Pizarro, Javi Díez, Fernando Mainer e Javier Domínguez ´Zeta´.  
O concerto de Mago de Oz é precisamente unha das novidades das festas deste ano, unha aposta pola música en directo que se fai dende o Concello, á que se suma á combinación nas noites do domingo 16, venres 21, sábado 22 e domingo 23 da actuación dunha orquestra e dos grupos musicais Fillos do Estramonio, Batemento, Pelepau e 6TAs9. 

Sem comentários:

Enviar um comentário