domingo, 16 de abril de 2017

Tratamentos no balneario de Caldelas de Tui para nenos con patoloxías respiratorias

Os tratamentos termais melloran a saúde das persoas con patoloxías respiratorias, sen importar a idade. Os expertos aseguran que a balneoterapia reduce a asistencia aos servizos de urxencias. No balneario de Caldelas de Tui levan anos ofrecendo estes tratamentos a cativos con asma, bronquiolite e alerxias.
Os pais de Lucía e de Alba acoden ao balneario de Caldelas de Tui para que as súas fillas reciban un tratamento termal dirixido a mellorar patoloxías respiratorias. 
O tipo de augas que se empregan son as sulfuradas e as ricas en cloruro que se aplican a través dunha serie de técnicas como duchas nasais e inhalacións. No balneario de Caldelas de Tui levan trinta anos tratando este tipo de afeccións en rapaces ata os catorce anos. Con esta técnica melloran de xeito importante a súa calidade de vida e reducen a inxestión de fármacos.
A balneoterapia trata afeccións respiratorias como a rinite alérxica, a asma infantil e a bronquiolite. Para que estes tratamentos sexan eficaces cómpre unha sesión diaria durante nove días.
in TVG

Sem comentários:

Enviar um comentário