segunda-feira, 9 de outubro de 2017

O Concello de Tui contratará a dez persoas perceptoras do RISGA durante 7 meses

A achega de 102 mil euros  por parte da Consellería de Economía e Emprego permite a incorporación deste persoal que será seleccionado nos próximos días
O Concello de Tui vai proceder á contratación de dez persoas, en situación ou risco de exclusión social perceptoras de RISGA, durante un período de 7 meses. Trátase de dez peóns para servizos municipais.
A contratación deste persoal é posible grazas á achega de 102.242€ concedida para este fin por parte da Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia.  Dende o Concello farase nos próximos días a solicitude dunha relación de candidatos que cumpran os requisitos establecidos á Oficina de Emprego de Tui e nos próximos días procederase a realizar a selección dos mesmos, polo que poderían comezar a traballar no prazo dun mes. 

Sem comentários:

Enviar um comentário